Xa está dispoñible a Lotería de Nadal do Grupo!
Un ano máis, gracias ao esforzo e constancia dos noso colaboradores, xogamos o nº 53.292
Este ano encargamos máis talonarios dos habituais posto que precisamos realizar un esforzo extra coa venda, que sempre supón unha importante vía de financiación para o Grupo e nesta ronda solar debemos afrontar algúns retos económicos importantes, como son a asistencia ao Festival Scout de ASDE-Scouts de España, ou certas reparacións e melloras nos locais.
Se es membro ou antigo membro do Grupo e nos queres botar unha man coa venda, ou se simplemente queres mercar talonarios ou participacións soltas, podes contactar con nós a través do correo electrónico gruposcoutchan292@gmail.com
¡Non quedes sen a túa lotería!