Seguimos colaborando coa campaña “A túa axuda = A miña ilusión”

O día 5 de Maio deste 2015 fixemos entrega de 18 kilos de tapóns que xa se nos comezaban a amontonar no Local de Vista Alegre.tapones1

Lembrade que se trata dunha campaña de recollida de tapóns para Matías, un neno de Santiago de 7 anos que padece unha parálise cerebral. O noso Grupo Scout leva xa dous anos colaborando con esta campaña.

Todos os fondos recadados coa venda dos tapóns recollidos destínanse para os tratamentos e terapias médicas para intentar mellorar a calidade de vida do pequeno Matías.

Preme aquí para poder ver a mensaxe de agradecemento da nai de Matías trala nosa entrega:

Por outra banda, podes estar ao tanto dos gastos coma da evolución de Matías a través da páxina-facebook do proxecto (ligazón aquí).

Esta é unha historia de superación, esforzo, cariño, dedicación e moitos outros valores cos que o Grupo Scout Chan concorda plenamente.

Pero aínda queda moito camiño para seguir recorrendo así que lembrade: ¡todos os vosos tapóns son valiosos! Xuntádeos na casa e traedeos ao Local calquera día, ao punto de recollida que temos baixo o taboleiro.

tapones2

Aquí vos deixamos un documento que recolle os diferentes tipos de tapóns que serían aptos para a recollida: https://gruposcoutchan292.files.wordpress.com/2013/05/tipos-tapones-solidarios.pdf

¡¡Os vosos tapóns teñen moito valor!!

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: