Así foi o #FestivalScoutGalego2015: gañamos!

Máis de 200 nenos, nenas, mozos e voluntarios scouts se reuniron o pasado sábado en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de convivencia repleta de actividades, que culminou coa XXXV edición do Festival Scout Galego.

#FestivalScoutGalego2015

IMG_1430
Acudiron os Grupos Scouts 19 (Ferrol), San Jorge 33 e Semente 597 (ambos de A Coruña) e tamén unha delegación do recentemente creado Grupo Scout Tesela 922 (Lugo). O noso Grupo Chan 292 de Santiago exerceu o papel de anfitrión.
Os scouts asistentes foron recibidos no patio do colexio La Salle por Laura Morales, coordinadora do Festival, e Adrián Martínez, coordinador do Grupo Chan, ámbolos dous educadores voluntarios.
Durante a mañá os nenos e nenas máis novos (Castores, Manada e Tropa Scout) puideron desfrutar de xogos tradicionais como as carrilanas, a chave, a rá, a comba, a sogatira, e moitos máis grazas á colaboración da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que nos fixo desfrutar como ananos!
Os mozos e mozas de Unidade Esculta e Clan, pola súa banda, aproveitaron a tregua que deu a nosa choiva compostelana para poder realizar unha visita ás cubertas da Catedral de Santiago, onde desfrutaron dunhas vistas espectaculares da cidade.IMG_1475
Xa pola tarde tivo lugar o certame musical nas instalacións que o Colexio La Salle cedeu gustosamente, e tivemos o honor de contar coa asistencia de autoridades como Dª María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, e Dª Yolanda Otero Balsa, subdirectora de Promoción e Actividades da Dirección Xeral de Xuventude. Tamén acudiron familiares e amigos dos rapaces.
A pesar de que este ano tan só había 3 cancións a concurso (as dos Grupos San Jorge 33, Chan 292 e Semente 597), o Festival foi moi ameno e emocionante, gracias a participación e colaboración de todos e todas. A presentación do certame foi asumida polo Clan “Tayali” de Rovers do Grupo Chan, que realizou unha serie de fermosos videos para presentar aos distintos Grupos participantes. En cada video se podía observar como os Rovers elaboraban mediante diferentes manualidades as pañoletas de cada Grupo. E así foron sucedéndose as actuacións musicais, no escenario marabillosamente ambientado e decorado polo Comité de Nais e Pais do noso Grupo Chan.
Ao fin chegou o momento da deliberación, que se realiza mediante unha votación na que todos os scouts asistentes poden opinar cal foi a canción que máis lles gustou, tendo a mesma importancia o voto do pequeno e do maior.
O resultado do reconto final das papeletas foi anunciado polo Presidente Scout Xeral, Adrián Rodríguez, e deu como gañadora á nosa canción, e polo tanto teremos a misión de representar ao resto de Grupos scouts galegos no vindeiro Festival Scout estatal de 2016.IMG_1688
E non esquenzades que a semana próxima terá lugar en Pinto (Madrid) o XLI Festival Scout de ASDE-Scouts de España  , no que o Grupo 19 de Ferrol nos representará a todos e todas os scouts de ASDE-Scouts de Galicia, e por iso lles desexamos ¡moita sorte e moi boa ruta!
Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: