¡Chega o #FestivalScoutGalego2015!

cartel XXXV FSG

Despois de moitos ensaios, de moito traballo e esforzos, hoxe, sábado 18 de abril, por fin a cidade de Santiago de Compostela albergará a 35ª edición do Festival Scout Galego da federación ASDE-Scouts de Galicia, reunindo a máis de 200 nenos, nenas e mozos de idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos de idade, provintes de distintos lugares de Galicia, e que desfrutarán dunha xornada repleta de actividades que fomentarán a diversión saudable, a convivencia e por suposto o coñecemento dos valores culturais de Compostela.

As actividades máis destacadas das que se desenvolverán durante a mañá inclúen un obradoiro de xogos para os máis pequenos, organizado coa colaboración da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Os maiores, pola súa banda, realizarán unha visita ás cubertas da Catedral de Santiago.

E xa á tarde terá lugar o certame musical onde os Grupos Scouts competirán con composicións orixinais elaboradas polos propios rapaces e rapazas.

Este certame terá lugar no colexio La Salle, o cal cedeu gustosamente as súas instalacións, e contará coa asistencia de autoridades como María Begoña Mosteiro Blanco, Subdirectora do Instituto da Xuventude de Galicia.

Ademáis do noso Grupo Scout Chan 292, que exercerá de anfitrión, participarán os Grupos Scout 19 de Ferrol, o San Jorge 33 e o Semente 597 (A Coruña) e mailo Tesela 922 (Lugo).

Para comentar todo o relacionado con esta xornada, podedes empregar nas redes sociais a etiqueta #FestivalScoutGalego2015

E para que non perdades detalle, aquí tedes o horario da xornada

HORARIO
 ACTIVIDADE
9:30 Recepción de grupos
10:00 Acto inaugural
11:00 Inicio de las actividades:

  • Xogos populares para Castores, Manada e Tropa
  • Visita os tellados da Catedral para Escultas e Rovers
13:00 Ensaios na orde que se indique e comida por Grupos
15:00 Tempo libre
16:00 Chegada das familiase acomodación no salón de actos
16:30 Inicio do certame
18:30 Fin do certame e adeus scout
19:00 Fin da actividade
Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: