Xa temos falado en máis dunha ocasión sobre un dos nosos blogs favoritos, pero queremos volver a chamar a vosa atención sobre el e invitarvos a visitalo e coñecelo.
Se trata de Crecer siendo Scout
Un blog creado e xestionado por unha das familias que forman parte do noso Grupo Scout Chan 292. En concreto é unha idea dos pais (Ángeles e Esteban), pero os rapaces tamén colaboran con frecuencia na elaboración dos novos artigos e novas.
Nel podedes atopar infinidade de relatos de anécdotas sobre distintas actividades, resumo de acampadas, aventuras vividas nos campamentos, etc. Sempre acompañados de moitas fotografías e videos. Todo isto dende o punto de vista dos pais, que é o que a moitos e moitas nos parece máis interesante e novedoso. Como valoran os pais e nais a progresión persoal dos rapaces, os valores que van adquirindo a través dos xogos e actividades dos programas educativos do escultismo.
Pero é que aínda hai máis novidades. Recentemente os intrépidos autores deste blog comezaron a introducir un apartado moi novedoso: entrevistas gravadas en audio a varias persoas vinculadas co Grupo. Dende nenos e nenas de varias idades, a scouters en activo, scouters de apoio, nais e pais, etc
As persoas entrevistadas explican, dun xeito sinxelo e desenfadado, que lles motivou a entrar nos scouts, que lles aporta, anécdotas, aventuras, retos logrados e futuros proxectos… ¡Moi interesante!
Sen dúbida vos animamos a escoitar os podcast e en definitiva, a non perder de vista este interesantísimo blog, feito con tanto cariño e esforzo..
¡Noraboa Ángeles e Esteban! ¡E moitas grazas polo voso traballo e apoio!
Efectivamente un blog muy interesante. Noraboa!
Gracias a todos vos, voso traballo e impresionante e a nosa obriga e decilo o máis alto e claro posible.
Este blog é un luxo. Contar cuns pais tan entusiastas e comprometidos xa é unha sorte, pero que ademáis den o paso a investir tanto tempo e recursos a divulgar o método scout a través dun soporte complexo como un pod-cast é un blog … é algo portentoso. Ten tamén o valor engadido e inusitado de esta feito dende a visión dos pais e nais que lle da un enfoque especialmente valioso.
Ademáis, aínda que o Chan sexa o lóxico protagonista, o práctica totalidade dos seu contido é de interese e utilidade para calquera familia con fillos ou fillas scouts, dándolles a posibilidade de coñecer o universo de valores e actividades das que forman parte e que non sempre lles é doado coñecer. Por esta razón todos os scouts debémolles a nosa gratitude pola súa iniciativa, que non so manteñen xa dende hai moito tempo, senón que tamén fan o esforzo de facela medrar pouco a pouco.