¡¡XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO GRUPO SCOUT CHAN 292!!
No Grupo Scout Chan 292 abrimos de novo as portas do noso local para comezar a nova Rolda Solar 2013-2014
Xa está todo en marcha dende que o pasado fin de semana se celebrase a tradicional acampada de Paso de Ramas que como todos os anos, é o pistoletazo de saída dunha programación chea de actividades de lecer, diversión, aprendizaxe, formación e servizo.
Para este sábado 19 de Outubro preparamos unha xornada de portas abertas para todos os nenos/as e pais que nos queiran acompañar e ver de primeira man como traballamos os Scouts, que cousas facemos, como educamos aos rapaces a través de xogos e actividades divertidas para facer deles persoas comprometidas coa sociedade.
Para iso, convidamos a todo aquel que desexe coñecernos a achegarse pola tarde a partir das 16:30 e até as 18:30 á nosa sede social no barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela (preme para ver a dirección).
NOTA: Os nenos e nenas que veñan por primeira vez a coñecer os scouts deben cumplimentar a autorización que podedes descargar dende a nova sección da web para descarga de documentos, premendo aquí.
Agradecemos que lle deades a maior difusión posible a este evento.
¡Vinde a coñecernos!