Pesar, conmoción e solidariedade

Nestes tristísimos momentos que está a vivir a nosa cidade de Santiago de Compostela polo terrible accidente ferroviario acontecido o pasado día 24 non resulta doado buscar palabras axeitadas para transmitir o pesar que sinte o Grupo Scout Chan por un suceso tan tráxico que sucedeu precisamente cando os nenos, nenas, mozos e voluntarios do Grupo están a desfrutar da ledicia que supón a actividade máis importante do ano, o campamento de verán.

Por iso, imos remitirnos ao comunicado que a nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia difundiu recentemente, e ao se sumaron tanto ASDE-Scouts de España e moitas das Organizacións que a compoñenen dende tódolos recunchos de España:

lazo negro galicia

Todos e todas os que formamos ASDE – Scouts de Galicia e connosco toda ASDE – Scouts de España, queremos facer chegar o noso máis profundo pesar ás familias, amigos e achegados das persoas que onte perderon a vida no accidente ferroviario en Santiago de Compostela.

Queremos facer chegar o noso afecto e comprensión a todos aqueles que están a pasar momento duros. Queremos tamén desexar una pronta recuperación a todas as persoas feridas.

Dende aquí invitamos aos nosos asociados a permanecer atentos a calquera demanda de colaboración que poida xurdir dende as autoridades ou as familias (doazón de sangue, aporte de materiais, colaboración técnica, etc.).

ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia

En momentos tan díficiles cómpre non esquencer unha das reflexións do fundador do Movemento Scout: “Sempre adiante“.

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

%d bloggers like this: