O pasado mércores 17 de xullo recibimos no noso campamento #Brandomés2013 unha visita moi especial: un grupo de residentes de SARquavitae San Lázaro que pasaron o día cos nosos nenos e nenas en contacto coa natureza desfrutando de diversos xogos e actividades.

Queda demostrado unha vez máis que as gañas de pasalo ben, de aventura en contacto coa natureza non entenden de idade, e que os nenos e nenas son perfectamente capaces de desenvolver actividades de servizo con trasfondo social axeitadas as súas idades.
Esperamos poder repetir pronto esta experiencia.