De novo participamos na Feira da Primavera

A Unidade Esculta do Grupo participou no Festa da Primavera organizada pola Comisión de Festas do popular e compostelán barrio de San Pedro.

Xa no pasado 2012 a Unidade Esculta participara tanto na edición da Feira da Primavera daquel ano, así como nas Festas do barrio de San Pedro, que teñen lugar xa no verán.

Nesta ocasión os mozos e mozas da Esculta estiveron preparando diversas manualidades para poñer á venda no posto que montaron na Feira. Para isto durante as semanas previas á Feira realizaron unha serie de obradoiros, nos que participaron alguns scouters de apoio do Grupo, e mediante os cales puideron aprender diversas técnicas e prepararon os obxectos feitos ou decorados por eles e elas mesmos que logo tratarían de vender na Feira da Primavera.

IMG-20130430-WA0006

O día da festa luciu un espléndido ambiente case veraniego e isto facilitou que acudise moitísima xente á Feira, que resultou todo un éxito.

Aquí tedes unha foto do posto da Unidade Esculta recén montado, que estivo ubicado na rúa de Concheiros:

IMG-20130504-WA0000

¡Noraboa á Unidade Esculta!

A Feira da Primavera 2013 na prensa

Advertisement
Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: | 1 Comentario

Navegación de artigos

Unha reflexión sobre “De novo participamos na Feira da Primavera

  1. Pingback: A Esculta participa na Feira das Festas de San Pedro 2013 | Grupo Scout Chan 292

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: