A experiencia da Esculta no Aquelarre 2013

Aquí vos deixamos un resumo das experiencias vividas polos mozos e mozas da Unidade Esculta do Grupo Scout Chan 292 no Aquelarre 2013 de ASDE-Scouts de Galicia, contada por eles mesmos en primeira persoa:

Escultas do Chan plantando un sabugueiro no Aquelarre 2013

Escultas do Chan plantando un sabugueiro no Aquelarre 2013

¿Quen non querería pasar tres marabillosos días cunhas persoas incriblemente divertidas nun sitio tan bonito como Narahío? Desde logo, a Unidade do Grupo Chan non quixo perderlo.

Un bus que chegaría media hora tarde nos levaría até A Coruña a recoller aos escultas do Grupo Scout San Jorge 33 e así poder chegar xuntos a Narahío, onde a Unidade Esculta do Grupo Scout Hércules 283 agardaba por nós cos brazos abertos. Na vida, experiméntanse moitas cousas, pero a mellor sensación, sen ningunha dúbida, é a dun recibimento entre xente que botabas de menos.

Tras montar rapidamente e con pequenos descoidos as tendas, chegou o turno da infraestructura xeral do campamento, pero algunhas bolsas xa aparecían nos pés, e é que non parou de chover en toda a acampada, e está claro, ‘cun chubasquero que non chubasca’… (¿?) non se vai a ningún lado.
Unha ruta na que os hippies e os rapeiros mesturáronse volvendo e acabaron perdidos xuntos mentres os góticos xa comeran tranquilamente, non é nada de estrañar.

A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío

A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío

Twitter e tuenti estiveron presentes constantemente neste Akelarre, non vedes que estamos modernizados? Pero só interactuábamos entre nós, xa que as cartolinas aínda non son tan máxicas.
Non hai nada mellor que un Furor por sexos para unirnos todos máis do que xa o estabamos. Os pequenos e amigables piques entre os equipos rivais eran inevitables, pero sempre acababan cunhas risas, unhas gargalladas limpas que escandalizan.
Pero o máis duro sempre son as despedidas, non se pode evitar que haxa algunha lagrimilla, o que non quere dicir que non fose unha experiencia incrible e que non esteamos contentos co resultado; porque ao contrario estamos a desexar repetir a experiencia.

Máis sobre o que foi o #Aquelarre2013 nas redes sociais (facebook e twitter) e na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia.

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Navegación de artigos

Unha reflexión sobre “A experiencia da Esculta no Aquelarre 2013

  1. Para os nosos escultas tamén foi unha moi grata experiencia. Na nosa web tamén tendes un relato, fotos e vídeo do que foi este #Aquelarre2013. Agardamos reencontrarnos pronto!

    Aquí tendes o enlace, que esperemos que vos guste: http://gs283.scout.es/2013/04/escultas-vencen-a-chuvia-con-risas-e-bo-humor/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

%d bloggers like this: