¡Dálle unha boa saída a ese material que non usas!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL DE ACAMPADA

Dende o Grupo Scout Chan 292 lanzamos unha campaña de recollida de material de campismo, que polo motivo que sexa xa non vos faga falta, non o esteades usando e non sabedes que facer con el.

Todas esas mochilas, cantimploras, botas e demáis material ao que xa non lle deades uso e que unicamente o que fai é ocupar espacio  nos vosos armarios e trasteiros, ben podería resultar de grande utilidade.
Loxicamente necesitamos que o material estea en bo estado, xa que o que logremos recopilar terá como fin intentar, na medida do posible, minimizar os gastos que pode xerar para algunhas familias isto de conquerir os primeiros materiais de acampada para os rapaces.
O material que máis demandamos é:

  • Mochilas
  • Sacos
  • Botas
  • Uniforme scout

Se tes algunha destas cousas ou calquera outra, ponte en contacto connosco a través do  correo electrónico: gruposcoutchan292@gmail.com

Agradeceriámosvos que lle désedes difusión entre os vosos contactos.

Moitas grazas e un cordial saúdo scout para todos e todas

Advertisements
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Navegación de artigos

Unha reflexión sobre “¡Dálle unha boa saída a ese material que non usas!

  1. Pablo

    Esa mochila me suena 😀

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

%d bloggers like this: