Esta é unha breve reseña da vivencia en primeira persoa dos rapaces e rapazas da Tropa Scout do que foi o XXXIII Festival Scout Galego, celebrado en Ferrol os pasados días 2 e 3 de marzo, coa participación e convivencia duns 300 scouts dos Grupos de ASDE-Scouts de Galicia.
Nesta ocasión quen escribe é a Patrulla dos Búhos:
“Ao principio cando chegamos fomos nun barco pola ría de Ferrol. A pesar de que nos mollamos o pasamos moi ben. Despois fomos ao pavillón onde iamos durmir esa noite e os Grupos Scouts nos turnamos a ensaiar.
Fomos ao Festival esa tarde e aínda que non gañásemos ningún premio, divertímonos moito.
Pola noite con todas as tropas xogamos a uns xogos de baile, máis tarde fómonos a durmir aínda que falamos un intre.
Levantámonos ás 09:00 da mañá con tranquilidade. Fixemos unhas danzas para acabar de espertarnos; e eran moi animadas.
Fixemos un xogo de cidade que se trataba de orientarnos na cidade e atopar en grupos uns puntos aos que tiñamos que chegar e facer unha proba. Despois xa era hora de marcharse e fomos ao local en bus comendo unha torta de lambetadas que gañara unha das nais do noso grupo. Esta foi a acampada da canción.”
Patrulla BÚHOS
Pingback: Noso paso polo Festival Scout Galego