¡Pasámolo en grande no Festival Scout Galego!

Durante os pasados días 2 e 3 deste mes de marzo tivo lugar na cidade de Ferrol a XXXIII edición do noso Festival Scout Galego, o gran evento que nos reúne aos 6 Grupos Scouts de ASDE-Scouts de Galicia para compartir un fin de semana de convivencia, diversión, alegría e escultismo.

Neste ocasión o Festival foi organizado polos nosos compañeiros do Grupo 19 de Ferrol, a quen lles enviamos o noso agradecemento e recoñecemento por todo o traballo realizado.

O primeiro día comezou dunha forma moi orixinal e sorprendente, xa que demos un paseo marítimo, en barco, pola Ría de Ferrol, que nos serviu para coñecer mellor as súas paisaxes e lugares tan senlleiros como o Castelo de San Felipe.

Despois tivemos un acto de inauguración en pleno centro da cidade, na Praza de Armas, onde está a Casa do Concello de Ferrol. No acto interviron o Alcalde e outras autoridades.

Xa pola tarde, tivo lugar o certame musical do Festival, onde o Grupo Scout Chan competimos interpretando a nosa canción “Un novo renacer” con toda a nosa ilusión. Sen embargo non logramos obter ningún premio xa que este ano o nivel estivo moi alto e todas as cancións concursantes soaron estupendamente, polo que a competición estivo moi apretada. O vencedor do premio á Mellor Canción foi o Grupo Scout Semente 597 de A Coruña, a quen felicitamos polo seu triunfo. Este Festival foi de certo histórico porque os 6 Grupos participaron no certame musical, xa que o Grupo Scout Vasco da Ponte 636 presentouse por primeira vez na súa historia.

Aproveitamos para agradecer públicamente o fermoso xesto do Coordinador do Grupo Semente, xa que como este Grupo ademáis de resultar gañador do certame tamén conqueriu o premio da Mellor Música, ofreceunos ao Grupo Chan este segundo trofeo, para que non voltáramos coas mans baleiras a Compostela. Un xesto moi bonito que queremos agradecer e destacar.

Durante a segunda xornada deste intenso fin de semana realizáronse distintas actividades segundo as diferentes seccións educativas. Así, os lobatos desfrutaron duns xogos na zona do Cantón, os tropeiros realizaron un xogo de cidade por distintas zonas de Ferrol, os escultas competiron nunha carreira de orientación e os rovers percorreron unha ruta pola costa.

En resume, foron dous días moi intensos pero moi divertidos onde puidemos convivir co resto de nenos, nenas, mozos e educadores voluntarios de todos os Grupos Scouts galegos.

O Clan de Rovers vén de escribir a súa propia reseña contando as súas vivencias e impresións neste Festival, o podedes atopar premendo aqui

Tamén podes atopar máis información e máis fotos do Festival neste artigo na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia.

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | 3 Comentarios

Navegación de artigos

3 reflexións sobre “¡Pasámolo en grande no Festival Scout Galego!

  1. A vosa canción estaba moi chula e é unha auténtica magoa que non conseguira nengún premio. Noraboa pola canción e seguro que o ano que ven hai máis sorte!

  2. Pingback: Noso paso polo Festival Scout Galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: