Chocolatada solidaria

O pasado sábado 8 de decembro o Grupo Scout Chan 292 celebrou a súa tradicional Chocolatada de Nadal coa participación de todos os nenos e nenas, mozos e scouters do Grupo, así como de todos os pais, nais, familiares, amigos e veciños do barrio que se pudieron acercar ó parque de San Xoan (moi preto do noso local de Vista Alegre) para compartir un vaso de chocolate ben quentiño.

Durante esta tarde festiva celebrouse un gran Amigo Invisible entre todos os membros do Grupo, así todos tiveron o seu pequeno agasallo de Nadal. Tamén se organizaron xogos para todos os rapaces que se achegaron (scouts ou veciños).

Pero o máis importante desta nova convocatoria aberta de Chocolatada do Grupo Chan foi sen dúbida a recollida de alimentos que se levou a cabo, a favor da Cociña Económica de Santiago. Os scouts temos como obxectivo servir e axudar para entre todos poder construir un mundo mellor, e nestes tempos difíciles que estamos a vivir cremos que é fundamental apelar á solidariedade de todos para poder axudar a quen máis necesidades teña. e polo tanto é para nós unha grande alegría poder dicir que a nosa recollida de alimentos logrou acadar máis de 75 kg de comida doada por familias do Grupo así como por veciños do barrio de Vista Alegre.

Moitísimas gracias a todos e todas pola vosa colaboración.

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: