A formación dos scouters é un dos factores que o noso Grupo Scout Chan sempre considerou e considera fundamentais. Non só para cumprir coa lexislación vixente en materia de actividades de lecer con nenos e nenas, senón sobre todo pola nosa inquedanza en desenvolver un traballo educativo da mellor calidade posible dentro do escultismo.
Un ano máis a Escola oficial de Tempo de Lecer que pertence a ASDE-Scouts de Galicia, a ESIM, comeza a impartir o Curso de Monitor de Actividades de Tempo de Lecer, que ademáis conleva o nivel de formación scout do Nó Gilwell. Parte do Claustro de formadores está integrado por membros do noso Grupo Chan.
Dentro dalgunhas semanas chegará un novo módulo do curso, no que participan como alumnos varios membros do noso Grupo Scout Chan.
Míralos que atentos todos.