Hoxe 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e por iso é o momento máis axeitado para informarvos de que un proxecto do Grupo Scout Chan participa na campaña “Celebra todo o ano a importancia da auga“ coordenada por ASDE-Scouts de España.
O proxecto do Grupo, no que todas as ramas están implicadas, consistirá na avaliación da calidade da auga do río Umia, que pasa preto do lugar de campamento deste ano, e ademáis realizaranse limpezas e recollidas do lixo que poida atoparse nas ribeiras.
O respeto e coidado do medio ambiente é sen dúbida unha das bases fundamentais do método scout, e por iso un día como este os scouts debemos ter moi presente o noso compromiso por seguir traballando para construir ese mundo mellor que tanto desexamos.