Os rapaces da Unidade Esculta quérennos contar como se desenvolveu a acampada que realizaron fai unhas semanas:
“Regresamos dunha acampada de semana santa inesquecible, novos xogos, asasinatos, misterios… Todo saíu segundo o previsto pero houbo algo que fixo que esta acampada fose especial e é que por un momento fomos donos da inmensidade do ceo, da tranquilidade da contorna e do son do silencio… Todo iso baixo un manto de estrelas no alto das torres de Altamira. Estes instantes son os que fan que unha acampada sexa diferente e o que é máis aínda, ¡¡porque nos gustan os scouts!! “
Podes seguir todas as aventuras e proxectos da Unidade Esculta no seu blog
http://escultas-accion.blogspot.com.es/