Acampada da Manada na Semana Santa

Como o resto das seccións do Grupo, a Manada tamén quixo aproveitar as vacacións para facer unha acampada.

Aquí nos contan un pouco sobre as aventuras que viviron e o ben que o pasaron:

A manada Seonee viaxou atrás no tempo para chegar ó Antigo Exipto con motivo da realización da Caza elixida por eles. 

Baixo o reinado dun novo Faraón, aprenderon a colocarse no lugar dos demais cando tiveron que tomar unha decisión sobre qué facer ca nova pirámide. ¡Pero qué indecisión!

Houbo tamén tempo para descubri-los segredos dos grandes sabios que gobernaban as provincias, insuperables na arte de aproveita-los recursos de que disponían, reduncindo residuos, reutilizando obxectos e reciclando materiais. ¡Así claro que era rico o país do Nilo! ¡Non se malgastaba nada!

Foi sen dúbida unha grande aventura e unha marabillosa ruta, pero o que máis nos sorprendeu foi atopar tantos pelegríns no Val dos Reis… ¡con destino a Compostela! Polo tanto, tódolos lobatos aprenderon ben a amabilidade desta xente, e, aínda que escrito en xeroglíficos desexáronlles a todos… ¡Bo Camiño!

 

Advertisement
Categorías: Manada | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: