Scouts de distintos recunchos de Galicia encontrámonos este pasado fin de semana en A Coruña para celebrar o XXXII Festival Scout Galego, no que o Grupo Scout Chan 292 presentou a canción “Instinto animal” que foi moi ben acollida. De feito as horas de ensaios e máis ensaios deron froito pois o Chan acadou o Premio a Mellor Música.
Pero hai que destacar especialmente a consecución do premio á Mellor Animación, un galardón que dende moitos anos atrás o Chan viña intentando acadar. Logrouse á fin sen dúbida gracias o incesante ánimo dos rapaces e scouters do Chan para animar a aplaudir a todos e cada un dos demáis Grupos participantes, pero sobre todo gracias ao desinteresado e moi importante traballo da comunidade de nais e pais do Grupo, que ano tras ano intenta innovar con distintas vestimentas e artefactos na súa constante entrega para animar os Festivais. ¡Bravo por eles!
Estamos intentando recopilar fotos e videos do Festival e máis das Olimpiadas Scouts, pero de momento aqui vos deixamos unha imaxe do Grupo no momento de subir ao escenario:
Por último, non debemos de esquencernos de felicitar unha vez máis ó vencedor do certame, o Grupo 19 de Ferrol, e asimesmo aplaudir todo o traballo do Grupo que organizou este Festival, o Grupo Semente de A Coruña.
Pingback: … e máis sobre o Festival (fotos e video) « Grupo Scout Chan 292